Rianxo

Os concellos de Ribeira, Rianxo e Porto do Son son os primeiros concellos da Barbanza en adherirse ó programa de vivendas baleiras da Xunta de Galicia

Co fin de facilitar o acceso á vivenda ás familias que máis o precisan a Xunta de Galicia puxo en marcha fai uns meses o programa de Vivendas Baleiras, mediante o cal se poñen a disposición das familias que o precisan as vivendas que están baleiras nos concellos que participan deste programa. Esta mañá os alcaldes de Ribeira e Porto do Son. Manuel Ruiz e Luís Oujo e a Tenente de alcalde de Rianxo, Adelina Ces, firmaron o convenio coa Conselleira de Infraestructuras e Vivenda, Ethel Vázquez, na casa consistorial ribeirense, Con este acordo faise unha bolsa de vivendas sociais nos Concellos de Ribeira, Rianxo e Porto do Son, que xa tiñan solicitado a súa adhesión ao Programa de Vivendas Baleiras da Xunta, logo de que o 3 de maio se asinase coa FEGAMP o convenio para o seu desenvolvemento.
A responsable de Infraestruturas do Executivo autonómico destacou que os concellos de Ribeira, Porto do Son e Rianxo son os primeiros da Barbanza en adherirse a este convenio, e animou ó resto de concellos a seguir a mesma senda.
A xunta de Galicia a través da Consellería de vivenda que dirixe Ethel Vazquez, ofrece unha serie de garantías para os propietarios das vivendas, contando entre outras cousas cun seguro multirrisco e un seguro de cobro. As persoas que acceden a estas vivendas pagarán un prezo máximo da renda do aluguer, 300 euros no caso de Ribeira e 250 € para Rianxo e Porto do Son, posto que a contía determínase polas características da propia vivenda e polas circunstancias particulares dos beneficiarios.
O alugueiro resulta de interese, tanto para o arrendador como para o arrendatario e é compatible con outras axudas que poida percibir, tanto do Concello, como da Xunta.
Adelina Ces destacou a importancia deste convenio agardando que sexa un grao mais de area para solucionar os problemas das persoas . En Rianxo varias persoas xa se dirixiron ó concello para interesarse por este programa.
O alcalde de Ribeira destacou a importancia de buscar unha solución ós problemas actuais das persoas, atopando nesta iniciativa da Consellería de vivenda unha solución, con independencia da cor política de cada concello, motivo polo que felicitou o Presidente da Xunta e á Conselleira de Infraestructuras e Vivenda.
Segundo explicou o rexedor ribeirense , neste municipio disponse de 3000 vivendas baleiras, mais todavía queda por comprobar a habitabilidade das mesmas para coñecer o número real de vivendas que se poden incluir neste programa.
A conselleira destacou a importancia de que o resto de concellos da Barbanza e tamén as grandes cidades se adhiran a este convenio do que xa forman parte 18 concellos galegos, sendo o de Ourense o primeiro en facelo.

https://www.youtube.com/watch?v=2jLc–cQPl0

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.