A Pobra e Ribeira asinan un convenio para a xestión compartida do servizo de atención temperá

O Concello da Pobra do Caramiñal e o Concello de Ribeira asinaron esta mesma mañá un convenio de colaboración marco para a xestión compartida do servizo de atención temperá. Este recolle por escrito todo o labor feito polo Centro Intregral de Atención á Discapacidade dende que comezou a funcionar. Así mesmo, este tratado outórgalles seguridade aos profesionais e ás familias usuarias deste servizo.

O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, sinalou que a sinatura do convenio afianza o traballo que leva a cabo o centro e amosou o seu agradecemento polo labor que realizan.

Pola súa parte, o alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro, destacou a importancia do centro para a xente de Ribeira, Pobra e Boiro.

Entre outros aspectos, dito convenio permitirá presentarse a unha serie de axudas para as cales se requería un número moi elevado de habitantes. Agora, e coa sinatura deste acordo, poderán solicitalas sen ningún problema.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.