O home detido en Boiro ten 44 anos de idade e responde ás iniciais D.D.P. , está acusado de estafa e usurpación de funcións públicas. Ó parecer o suposto estafador ofrecía traballo e cursos relacionados coa hostelería previo pago de 150 euros, e podría ter xuntado uns 2,000 euros con esta presunta estafa.
O detido está investigado por 9 delitos realizados en Boiro e Ordes dende o 12 de xullo ata o día de hoxe. As investigacións partiron tras ser presentadas 6 denuncias por presunta estafa no posto da Garda Civil de Ordes e outras 2 ante a Garda Civil de Boiro. A investigación que rematou coa detención deste individuo arredor das dez da mañá dete xoves en Boiro foi realizada polo equipo de investigacións da Garda Civil de Boiro. No momento da detención o home portaba unha mochila cunha pistola detonadora de fogueo, munición, unha placa similar á do CNI e un polo co logo da Policía Nacional.
Está previsto que mañá pase a disposición xudicial no Xulgado de Instrucción número 1 de Ribeira.
https://www.youtube.com/watch?v=Rx6jhg8bgVw