O pasado sábado a Policía Local de Rianxo tivo que intervir nun partido de baloncesto que se estaba a disputar en Taragoña pola irrupción dun afeccionado que ameazou e insultou ao árbitro. O Club Baloncesto Rianxo e o Concello de Rianxo veñen de publicar un comunicado no que condenan estes feitos.
O CONCELLO E O CLUB BALONCESTO RIANXO CONDENAN OS INSULTOS E AMEAZAS PROFERIDAS ESTE SÁBADO AO ÁRBITRO ENCARGADO DE DIRIXIR UN ENCONTRO EN TARAGOÑA


