Luís Polo, afincado dende fai varios anos en Ribeira, acompañou ós percebeiros de Aguiño para realizar este traballo que agora recolle nun libro de 134 páxinas. Días de mar calma e tamén con ondas de ata 12 metros, o fotógrafo fíxose ó mar acompañando ós aguiñenses na recolección de tan preciado produto, soio así un pode comprobar realmente a dureza deste oficio, que contrasta moitas veces co baixo prezo que pode acadar na subasta.
Esta maña Luis Polo presentou o libro, nun acto celebrado no centro cultural Lustres Rivas de Ribeira, e fixoo acompañado polos alcaldes de Ribeira e Porto do Son, Manuel ruiz Rivas e Luis Oujo, e o patrón maior de Aguiño, josé Antonio Santamaría. O alcalde de Ribeira agradeceu a Polo que se centrase nun dos sectores productivos do seu municipio.
Pola sua banda, José Antonio Santamaría agradeceu que realizara este libro onde tan ben se recolle e amosa o traballo dos percebeiros de Aguiño,
Segundo explicou o autor, o libro permitirá que calqueira persoa que non coñeza este oficio se achegue a él e vexa tamén o traballo que hai detrás, dende a recolleita do produto ata que sae da lonxa. Luís Polo agradeceu a colaboración do concello de Ribeira e a implicación da cofraria de Aguiño , tamén a colaboración das Consellerias.
Entre as maiores dificultades que o fotógrafo e autor do libro atopou para realizar o material gráfico está a forza do mar, ese mar que a veces se amosa mansiño, e outras levanta ondas que semellan montañas.
Agora espera que o libro, quepodría mesmo servir de guia turística, axude na promoción do producto e da zona. O concello de Ribeira colaborou coa compra de varios exemplares.




