Os equipos da comarca viviron esta fin de semana unha xornada 35 de moitas emocións. O Noia mediuse ao líder do grupo, a Sarriana, enfrontamento que se saldou cun empate improdutivo para os noieses, que perden o segundo posto e o ascenso directo. O Boiro volveu a gañar, nesta ocasión ante O Pino e igualaron en puntos ao Noia na loita pola terceira posición. A peor parte foi para o Unión que perdeu por 3-0 ante As Pontes, o que complica a salvación dos rianxeiros.

