A pasada fin de semana desenvolveuse en Sestao o campionato de España de Bateis, proba na que os remeiros de Cabo da Cruz deixaron a súa pegada. O club volveu con dúas bandeiras ao conquistar a categoría sénior masculina e infantil feminina, ademais de ser terceiro no sénior feminino e nas dúas modalidades de cadete. O Concello de Boiro homenaxeou aos remeiros que firmaron unha gran temporada de bateis tanto na territorial, como na galega e agora na nacional.

