Foi unha temporada atípica para o Noia feminino, que a poucas semanas de comezar a competición foi notificado de que disputaría a Primeira División Galega Arzúa Ulloa. Non contou coa preparación oportuna, pero si foi quen de enfrontarse aos buracos e firmar unha campaña redonda ao confirmar a súa permanencia na categorías tras moito traballo e esforzo. As noiesas pecharon o seu obxectivo esta fin de semana ao impoñerse nun gran encontro ao Victoria Futbol Club B.