A Asociación Boirense de Empresarios vén de engrosar a lista de membros da Alianza Galega polo Clima logo de recibir a confirmación oficial da Xunta. A ABE convértese así no primeiro colectivo empresarial en formar parte desta iniciativa impulsada pola Consellería de Medio Ambiente.