jueves, septiembre 28, 2023

Iago López loitará polo diploma olímpico

En 49er masculino, o sonense Iago López e o santanderino Diego Botín estiveron durante boa parte da última xornada fóra dos postos de Medal Race, mais lograron entrar en novenos e mañá poderán loitar pola quinta posición. Esta supoñería o diploma olímpico da súa primeira participación nos Xogos.

Despois da penúltima xornada do luns, na cal se despediron das opcións de lograr medalla, na última fixeron un 12-2-13 que lles permitía escalar ata a novena posición. Ao final, conseguiron entrar por un punto para disputar a Medal Race, o suficiente para poder loitar mañá polo diploma olímpico. Os neozelandeses Peter Burling e Blair Tuke xa son os campións olímpicos da clase, gañaron o ouro antes de disputar a Medal Race e a décimo primeira manga. Unicamente quedan en xogo a prata e o bronce.

https://www.youtube.com/watch?v=V3I_wmBJpeY

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.