O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na sesión práctica da Xornada autonómica sobre persoas desaparecidas en Galicia que se está a desenvolver na Academia Galega de Seguridade Pública e vai dirixida a persoal dos servizos de emerxencias e dos corpos e forzas de seguridade. Participaron un cento de asistentes onde comprobaron a planificación e xestión dos operativos de busca desde o Posto de Mando Avanzado e as actuacións de unidades caninas e de drons. Calvo destacou a importancia de impulsar a formación dos efectivos que participan nestes operativos.
DIEGO CALVO DESTACOU ESTA MAÑÁ A IMPORTANCIA DA FORMACIÓN DOS EFECTIVOS DE RESCATE QUE PARTICIPAN NA BUSCA DE PERSOAS DESAPARECIDAS


