A gran afluencia de turistas que este verán se achegan ata a comarca do Barbanza e Galicia en xeral podría ser unha das causas do repunte do prezo do percebe e do marisco en xeral nas lonxas. Os productos do mar están a ver incrementado o seu prezo nas rulas o que é ben acollido polos mariñeiros que tanto traballo pasan para extraer o mellor producto cada día. Asi o vimos esta mañá na lonxa de Aguiño, onde o o prezo do percebe, o seu produto estrela, repuntou nas últimas semanas, asi pasou de cotizar no mes de maio a un prezo medio de 13 euros con 30 céntimos a acadar o prezo medio de 26,5 en agosto.
Na última subasta vendéronse arredor de 500 kilos que cotizaron 74,50 de prezo máximo e descendendo ata os 14 euros de mínimo.,
A campaña do percebe enfila a recta final en Aguiño, onde traballan dende fai meses entre Couso e Rio Sieira.
A agrupación decidirá dentro dunhas semanas, según estén as existencias de producto nas pedras, se pecha a campaña, e cambian de arte, para ir a ameixa.
https://www.youtube.com/watch?v=hyiUYnvUdOc