Accidente sen feridos na autovía do Barbanza

Arredor das 12:30 de hoxe producíase un accidente na autovía do Barbanza que se saldou sen feridos. Un home de 70 anos de idade conducía un Volvo S40 , saira de Rianxo e ía hacia Boiro, a altura da saída de Taragoña, por causas que se descoñecen perdeu o control do vehículo, en canto se decatou freou bruscamente e o coche realizou un trompo para a continuación chocar co quitamedos e quedar en sentido Ribeira-Padrón. Os vehículos que ian detrás puideron frear a tempo e esquivar o turismo accidentando evitando a colisión. O conductor e único ocupante do turismo saiu ileso.
Ata o lugar do accidente desprazouse a policía local e voluntarios de protección civil de Rianxo asi como unha grua que se encargou de retirar o vehículo accidentado. O conductor estaba sorprendido do acontecido xa que conta con 50 anos de carnet, e este foi o primeiro accidente que sofre.

https://www.youtube.com/watch?v=JJOlc9sf-vw

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.