Muros

Os deputados autonómicos Herminia Pouso e Ramón Santos destacan a aposta do goberno de Feijoo pola comarca

Herminia Pouso e Ramón Santos deron conta esta mañá do traballo realizado polo Goberno da Xunta nas comarcas do Barbanza e Muros Noia, así explicaronq que pese ao complicado momento económico que viviu Galicia no últimos catro anos, cunha redución do orzamento de 2.000 millóns en cada exercicio, o goberno da Xunta levou a cabo «importantes investimentos» en materia de infraestruturas viarias, portuarias e ambientais. Pouso Maneiro destacou a aposta
polo sector marítimo, pesqueiro e a depuración de augas de toda a comarca.

Por outra banda, Pouso tamén fixo fincapé no incremento das prazas de gardería no concello de Ribeira e nos novos ciclos formativos que se instauraron na comarca e que están relacionados cos sectores industriais que imperan na zona.

Pola súa banda, Ramón Santos deu conta das importantes inversións realizadas na comarca de Muros Noia, cun investimentos de 146 millóns de euros de presidencia, 146 millons en medio ambiente, ou 20 millóns da consellería de medio rural e mar, entre outros.

Ramón Santos, que destacou a importancia do corredor Brión-Noia para achegar a comarca a Santiago, defendeu que o goberno de Alberto Núñez Feijóo mostrou a súa «sensibilidade e implicación» con todo o Barbanza.

Por último, ambos deputados insistiron na «necesidade» de que Galicia siga «capitaneada» por un goberno «estable, sólido e moderado» como o que tivo na última lexislatura para poder continuar como unha comunidade que se destacou pola súa «gran xestión».

https://www.youtube.com/watch?v=8mSHeNlddcw

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.