jueves, septiembre 28, 2023

O BNG pobrense lembra a Bóveda no Día da Galiza Mártir

Un ano máis, o Bloque Nacionalista Galego da Pobra do Caramiñal celebrou o Día da Galiza Mártir durante a xornada de onte. O obxectivo era lembrar a todas as persoas asasinadas ou represaliadas polo alzamento militar de 1936, entre elas, Alexandre Bóveda.

A rúa que leva o nome do galeguista acolleu a homenaxe prevista para as 21:00 da noite, na cal interviron Ramiro Ouviña, portavoz do BNG pobrense, e Rosana Pérez, candidata ao Parlamento autónomico nos comicios do vindeiro 25 de setembro.

Ouviña destacou a figura de Alexandre Bóveda, quen redactou a memoria que demostraba que co Estatuto de Autonomía de 1936, Galicia podía vivir unha mellor situación sen prexudicar ao resto do Estado español. Así mesmo, sinalou que Bóveda foi capaz de comezar a traballar no deseño dun programa que pretendía sacar a Galicia do atranco histórico que sufría, así como de poñer en evidencia os problemas e buscarlle solucións. Un patrimonio material e inmaterial que guía ao BNG a día de hoxe.

Pola súa parte, Rosana Pérez manifestou que, de cara ás eleccións autonómicas do próximo 25 de setembro, o BNG ten o obxectivo de quitar a Feijóo da Xunta de Galicia e conta cun proxecto estratéxico moi similar ao que Alexandre Bóveda presentou no seu momento.

Bóveda foi un galeguista asasinado fai 80 anos e bautizado por Castelao como o «mártir galego».

https://www.youtube.com/watch?v=8B0Xqj5Kr98

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.