Deputación Da Coruña

A Deputación promocionará produtos gastronómicos coruñeses durante La Vuelta

Conservas de peixe e marisco, queixos e produtos lácteos, pementos de Herbón e O Val, carnes e embutidos, tarta de Santiago, patacas fritas, vermú galego e filloas serán algúns dos produtos gastronómicos artesanais elaborados en distintos puntos da provincia da Coruña que a Deputación promocionará este verán durante o percorrido que La Vuelta Ciclista a España realizará ao longo do todo o territorio nacional.

En cada unha das etapas das que consta a competición, a Deputación da Coruña, entidade colaboradora de La Vuelta 2016, instalará unha caseta de degustación de produtos típicos na que se promocionarán diferentes delicias gastronómicas elaboradas na provincia baixo o lema “A Coruña por sabor”.

A selección dos produtos realizouse en coordinación co director de cátering de La Vuelta, Iñaki Albistur, tomando como base as empresas que colaboran nas rutas de Turismo Industrial promocionadas pola Deputación. Entre outros produtos, poderanse degustar productos do restaurante Benboa (Ribeira), pementos de A Pemeteira de Herbón (Padrón) e vermú St. Petroni (Padrón).

A ronda española discorrerá entre o 22 e o 23 de agosto polas comarcas de Barbanza, Costa da Morte, As Mariñas betanceiras, Ferrolterra, Eume e Ortegal, percorrendo un total de 270 quilómetros por terras coruñesas.
Tres enclaves cobrarán especial protagonismo nesta edición 2016 de La Vuelta: o mirador do Ézaro (Dumbría), onde culminará o luns 22 de agosto a terceira etapa; Betanzos, que acollerá a sáida do martes 23 e San Andrés de Teixido, meta da cuarta etapa.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.