O Tribunal Nacional de Graos da Real Federación Española de Kárate vén de recoñecer ao ribeirense José Cardalda co sétimo Dan. É o primeiro galego que recibe este recoñecemento logo de sete anos traballando para chegar ao nivel esixido para ter este galardón. Esta mañá foi recibido no Concello de Ribeira para celebrar este recoñecemento onde o protagonista aproveitou para agradecer o labor do seu mestre, Juan Hombre.