A praza do Concello de Ribeira acolleu unha nova concentración impulsada por SOS Sanidade Pública contra a destrución da Atención Primaria e da Sanidade Pública Galega. O colectivo volve a mobilizarse nas rúas ante a inacción da Xunta logo da manifestación que se realizou en Santiago o 12 de marzo na defensa da sanidade e que contou cun gran respaldo social e político.