Deportes

CABO DA CRUZ FÍXOSE CON CINCO OUROS NO CAMPIONATO GALEGO DE BATEIS


Esta fin de semana as augas de Meira acolleron o Campionato Galego de Bateis, onde os equipos da comarca firmaron unha gran actuación. O club máis destacada unha vez máis foi Cabo da Cruz, que firmou cinco vitorias, ademais de asegurar a presenza de oito embarcacións no Campionato de España que se desenvolverá en Sestao.

Os crucences subíronse ao máis alto do podio en cinco categorías. Catro foron modalidades femininas: cadete, infantil, alevín e absoluta, ademais de ser campións na absoluta masculina. Ademais a comarca contou con outros dous triunfos neste campionato galego de bateis. O cadetes de Rianxo conquistaron o título galego tras impoñerse á embarcación de Cabo de Cruz. Mentres que no apartado sub23 feminino levouse Ribeira a vitoria.

O Puebla non se fixo co primeiro posto en ningunha categorías, pero si que asegurou varios billetes para o campionato de España de Bateis. Clasificáronse as dúas embarcacións infantís e o alevín masculino.

Tamén viaxará ao País Vasco o Club de Remo Muros, que contará, como mínimo, cun batel despois do segundo posto que firmou a embarcación alevín feminina.

A cita nacional desenvolverase esta fin de semana, entre o 29 e o 30 de abril. Con ela porase punto e final á temporada de bateis e darase paso á de trainerillas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.