Hai 10 anos botou a andar en Boiro o Maio Vintage da man da asociación Creatura e agora consolidouse e converteuse nunha das iniciativas culturais máis importantes do municipio. O vindeiro sábado 6 de maio a rúa peonil volverá a encherse de postos, comerciantes e visitantes para gozar dun día especial.




