A recuperación de stock de sardiña fai pensar nun aumento da cuota para o 2017

Tras coñecerse os informes científicos que dan conta da recuperación da sardiña, dende o sector do cerco agardan que se poida ampliar a cuota de pesca para o 2017. Este ano xa se producía unha ampliación de 3,000 kl no verán, pasando dos 14,000 ós 17.000, o que deu un respiro ó sector, agora agardan que no vindeiro ano esta cantidade se poida ampliar.

O cupo de sardiña non chega, son moitas as familias en Galicia, Protugal e Cádiz que viven desta especie, polo que, dende Acerga agardan coñecer mellor os datos científicos para logo sentarse a falar da cantidade a asignar.

A próxima reunión para falar sobre a cuota do 2017 celébrase en Outubro, alí pedirase o cupo necesario valorando tamén os informes científicos Sobre o estado dos caladoiros.

A situación da pesca da sardiña mellorou notablemente este verán, malia estar desaparecida a especie ata mediados de xuño.

https://www.youtube.com/watch?v=FgNwqnM2BvU

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.