Esta fin de semana disputouse a xornada 34 da Liga Galega Xuvenil onde os equipos da comarca sumaron resultados opostos. O Boiro volveu a facerse co triunfo logo de impoñerse por 0-3 ao Dumbría, mentres que o Cidade de Ribeira segue en caía libre e encadeou a súa cuarta derrota seguida ao caer por un axustado 3-2 ante o Ribadeo.