Unha muller resultou ferida ó ser atropelado en Ribeira

Unha muller resultou ferida ó ser atropelada cando cruzaba un paso de peóns en Ribeira.
Pasaban 4 minutos das sete da tarde cando un particular alertaba ó 112 do sucedido, e solicitando axuda de emerxencias. Dende o 112 Galicia deron aviso a urxencias Médicas, policía local de Ribeira , Gaem e Bombeiros. A muller, de uns 40 anos de idade era atropelada por un Toyota Carina con pracas de matrícula C-0399-BY , conducido por unha muller de 42 anos de idade que responde ás iniciais, S.C.G. A conductora do vehículo deu negativo na proba de alcolemia realizada pola policía local de Ribeira. Persoal do Gaem de Ribeira e do 061 atenderon á vítima, que logo de poñerlle un collarín foi trasladada ata o hospital da Barbanza, por unha ambulancia do 061. Estaba consciente, presentaba unha fractura no nocello. Os bombeiros de Ribeira encargáronse da limpeza do vial. A policia local tivo que regular o tráfico, ó tratarse dunha das vias de acceso e saída de Santa Uxía.

O atropelo producíuse no paso de peóns próximo á lonxa de Ribeira e ó parque García Bayón, polo que foron moitas as persoas que se achegaron a ver o que acontecía.

https://www.youtube.com/watch?v=bLL-v8rBjZ4

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.