A Xunta celebra a entrada en vigor da Lei do patrimonio cultural, que oficializa o Camiño de Inverno

A Xunta de Galicia celebrou hoxe en Rodeiro o recoñecemento do Camiño de Inverno como nova ruta de peregrinación a Santiago de Compostela co gallo da entrada en vigor este mesmo martes da nova Lei do patrimonio cultural de Galicia. No acto participou o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; alcaldes e representantes dos concellos polos que discorre esta ruta, así como diversas asociacións de amigos dos Camiños de Santiago, entre outras autoridades e entidades. Todos os asistentes realizaron un tramo da ruta, onde se descubriu unha placa en lembranza deste fito.
Román Rodríguez destacou que o Camiño de Inverno é singular porque se trata do único que atravesa as catro provincias galegas.

Pola súa banda, a directora de Turismo de Galicia salientou que coa aprobación da dita Lei, coa cal tamén queda recoñecido oficialmente o Camiño Portugués pola Costa, aténdese unha vella reivindicación dos colectivos relacionados con estas rutas xacobeas.

Nava Castro sinalou que esta nova normativa legal permitirá o mantemento dos valores esenciais do Camiño de Santiago e a posta en valor do patrimonio cultural asociado ás Rutas Xacobeas.
Unha lei para dar solucións ás persoas.

https://www.youtube.com/watch?v=Om1ErQiXve0

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.