Do 23 ó 28 de Agosto Noia vístese de gala para desfrutar das festas de San Bartolomeu. Esta mañá coñecemos a programación das festas, cuxos platos fortes serán as actuacións de Los Secretos, David Civera e Merche.
Pero Noia é terra de orquestras, e como non podía ser doutro xeito as mellores actuarán nesta vila, asi contarase coa participación da París de Noia, el Combo Dominicano ou New York, entre outras. E rendidndo tributo á música tradicinal actuarán Leilía e Quen Pallou, entre outros.
Tamén hai cabida nestas festas de Noia para os grupos locais, que participarán o venres 26 de agosto no Noia Rock, a novidade deste ano.
O concerto de Los Secretos o dia 25 está a chamar a atención de moitas persoas de fora de Noia, polo que dende o concello agardan que a praza do Tapal non se quede pequena para acoller tanta xente.
Gaitas, bandas de música, xigantes e cabezudos, actividades infantís e xogos tradicionais completarán os festexos para desfrutar en familia. O domingo 28, no peirao do Marqués, unha boa tirada de fogos de artificio porá o broche final a estas festas que xa veñen a pechar o verán na comarca. Antes e despois dos fogos de artificio proxectaranse dous vídeo mobing sobre o Portus Apóstoli.
https://www.youtube.com/watch?v=L3mB7ujlFlw