‘Mansio’ é o novo poemario de Eva Veiga e realizado ao abeiro do Espazo Cultural da Sociedade Liceo Marítimo de Ribeira, onde se presentou esta fin de semana. A publicación inclúe seis ilustracións orixinais de Antonio Piñeiro feitas directamente sobre cada un dos 50 exemplares. Trátase dunha obra única elaborada completamente a man.




