Deportes

LARA IGLESIAS FÍXOSE COA VITORIA NO CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO DE CLUBS


Este sábado o Estadio Universitario de Santiago acolleu a celebración do Campionato de Galicia Absoluto de Clubs, onde houbo representación barbanzá. Lara Iglesias e Antía Alcalde, do Atletismo Barbanza, competiron nesta cita deportiva representando ao Club Ría Ferrol, do cal o Atletismo Barbanza é filial.

As dúas atletas competiron na categoría sub18, firmando moi bos resultados. Lara Iglesias subiuse ao máis alto do caixón no lanzamento de xavelina. A lanzadora do Atletismo Barbanza segue amosando un gran nivel, sendo moi regular e mellorando o seu rexistro coa xavelina de 600 gramos, polo que se fixo coa vitoria neste Campionato de Galicia Absoluto de Clubs.

Antía Alcalde participou nos 100 metros lisos, firmando un gran cuarto posto. Non rematou aí o seu desempeño xa que tamén puntuou para o club no apartado de equipo de relevos ao disputar o 4×100 metros lisos.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.