Esta fin de semana o Noia Portus Apostoli escribiu un novo capítulo na súa historia na primeira división do futsal nacional ao certificar a súa permanencia de forma matemática. Os noieses dobregaron ao Xota por 3-6, unha vitoria coa que selaron a súa continuidade na elite do fútbol sala e que tamén serviu para dar un impulso cara a súa aspiración de disputar o PlayOff polo título de Liga.