Sin categoría

A Mancomunidade Arousa Norte convocará un concurso de ideas para renovar a súa imaxe

Un concurso de ideas con 4000 euros de premio axudará á Mancomunidade Arousa Norte a renovar a súa imaxe, esta é unha das propostas que se puxeron sobre a mesa na sesión plenaria que se celebrou esta mañá na casa consistorial de Boiro. A nova xerencia encabezada por Maruxa Ledo, quere dar un aire renovado á Mancomunidade da que forman parte os concellos de Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.
A bóa saúde deste ente supramunicipal quedou visible no estado das contas presentadas esta mañá, así o orzamento conta cun remanente de 116,641 euros.
Dende que a nova xerencia tomara o relevo á fronte da Mancomunidade o pasado mes de xullo, traballa na consecución dun protocolo uniforme de actuacións para os catro concellos. Nesta liña traballan na elaboración dun plan para un futuro próximo mancomunado, entre as actuacións que se pretenden realizar esta a de dar un servizo integral das 7 oficinas de turismo de Arousa Norte, a mellora do material turístico ou a participación en eventos que se van realizar en Europa e América
Os alcaldes amosáronse satisfeitos e ilusionados con esta nova etapa, que dará a coñecer Arousa Norte fora das nosas fronteiras.
Continuarán tamen traballando na promoción turística dos catro municipios que compoñen a Mancomunidade, cunha axenda estable de eventos ou a creación e difusión de produtos propios.

Salir de la versión móvil