Por terceira vez en menos de cinco meses o Goberno local de Ribeira presentou o orzamento en pleno e por terceira vez foi rexeitado polo resto dos grupos da corporación. Nas outras ocasións debateuse o presuposto do 2022 e desta vez foi o 2023, un documento no que os únicos cambios que se produciron foron de actualización de gastos e compromisos adquiridos polo Concello nos derradeiros meses. O alcalde do municipio, Manuel Ruiz, abriu as intervencións destacando 12 motivos polos que era preciso aprobar estas contas.