O deportista boirense Carlos Barcala saíu ás 8.00 da mañá dende Riveira acompañado de amigos, familia, un equipo de profesionais médicos e do equipo de Arousa Norte.
Malia que a travesía a nado non foi nada sinxela, logrou rematala con éxito no tempo establecido logo de nadar os 35 km e percorrer os 25Km ata chegar a Santiago onde foi recibido polo Dean da Catedral de Santiago de Compostela que lle entregou a ben merecida Compostela na Praza do Obradoiro a súa chegada.
Carlos Barcala, boirense de 37 anos fixo o pasado ano a ruta de Sálvora a Catoira, 35 km dos que nadou 32. Agora plantéxase o novo reto de 60 km, nadará dende Ribeira ata Ponteceso, 35 km, e logo correrá os 25 restantes. Sairá dende Ribeira o sábado 6 de Agosto as 7 da mañá. A súa intención é promocionar a súa web axenda deportiva.com e animar a xente a que practique deporte.