O curso 2014-2015 dou comezo hoxe para un total de 84.311 alumnos e alumnas dos 93 concellos da provincia da Coruña dos ciclos de Educación Infantil e Primaria.
A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, que estivo nas primeiras horas do curso no Colexio de Educación Infantil e Primaria Eladia Mariño, do concello de Cabanas, deu conta da ausencia de incidencias. Na visita estivo acompañada polo alcalde, Germán Castrillón, e polo xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana. Na vila, o número de alumnos de Infantil é de 54, mentres que o de Primaria, de 117. Na comarca do Eume, na que se asenta este municipio o número total de escolares que hoxe comezan as clases ascende a 1.696.
Os nenos barbanzanos do colexo CEI Frións foron uns entre o total de nenos da comunidade galega que hoxe volveron a entrar nas aulas despois da tempada estival.
O primeiro día parece que fopi doado para os máis pequenos, que, como algún explicaban, só se fixo unha presentación parapoder coñecer aos profes e poder coñecerse entre eles.
http://youtu.be/VUmmQj-j8XE