Segundo explicou Manuel Durán, a afluencia de visitantes que ten a Pobra do Caramiñal durante a época estival é en parte, froito do traballo realizado polo anterior Goberno Local da Pobra, que dotou de servicios este municipio, con boas obras e actuacións, algo que segundo apuntan se está a perder agora, as praias non contan con socorristas, sen boias que separen as zonas de baño das de navegación, critican tamén que non se movese a area para acondicionar os areais como soía facerse cada ano, e ademais que esté sen reparar o aire acondicionado do mercado municipal, en datas de tan elevadas temperaturas.
Dende o PP pregúntanse por qué a emprresa de buceo non puido instalarse este ano na praia de Cabío, ou por qué o catamarán non fai este ano visitas dende o porto da Pobra.
Por outra banda apuntan que a falta de limpeza nas rúas da Pobra está a provocar cheiros e o que é peor, en varias zonas do municipio hai praga de ratas.
Afirman que esta situación está a xerar queixas, danando a imaxe da Pobra.
O PP da Pobra critica a xestión municipal de cara ó turismo
Please login to join discussion