Xandre Millet leva no sangue a música. Proba diso son os numerosos traballos que leva realizados, como o seu primeiro disco ou o espectáculo “Memorias dunha illa”, que veu a luz o ano pasado, e a formación da orquestra Sons. Agora o aguiñense contará cun novo proxecto que volverá a ter forma de CD e que se chama “Moi noso”.