A estrea do Boiro en Segunda División B deixou un sabor agridoce entre os afeccionados locais. O equipo adestrado por Fredi Álvarez tivo como rival ao Lealtad, quen se levou os tres puntos.
O encontro comezou de maneira trepidante. A pesar do esforzo dos boirenses, o conxunto asturiano anotou o seu primeiro gol aos sete minutos. Co paso do tempo, os visitantes aumentaron o dominio da pelota e na primeira parte foron superiores.
O Boiro mellorou moito na segunda metade, mais non aproveitou as súas ocasións ante un rival que se defendeu moi ben.
A calor tamén foi un condicionante durante os 90 minutos, xa que o encontro comezou con 30 graos de temperatura. Por esta razón, os xogadores empregaban calquera parón para achegarse á banda a beber.
https://www.youtube.com/watch?v=_FHPFiVfY7U