A navalla cotiza a bo prezo na lonxa de Aguiño, onde a pasada semana acadaba os 14 euros o kilo, o prezo medio deste molusco bivalvo subiu con respecto ó pasado verán, se en agosto do 2015 o prezo medio foi de 10,9 este mes de agosto está en 12,2. un repunte que se explica pola gran afluencia de turistas que visitan a comarca e tamén pola diversificación que realizan os mariscadores, que se reparten a traballar en diferentes artes.
O prezo da navalla repuntou ó igual que o prezo do percebe ou a ameixa, productos moi demandados este verán nos restaurantes.
https://www.youtube.com/watch?v=56J_QBnPW1E