Deportes

O BARBANZA GOLF ACOLLE MAÑÁ O CAMPIONATO DE GALICIA DE DOBRES


O campo de golf de Moimenta converterase mañá no epicentro do golf galego ao acoller o Campionato de Dobres de Galicia 2023. Disputaranse as categorías senior, mayor e xuvenil e nelas participarán máis de 110 golfistas chegados de todo o territorio galego.

A modalidade de xogo consiste en facer en parella 36 foxos stroke play scratch. En primeira ronda será a mellor bola mentres que na segunda será greensome. Dende a organización recomendan acceder ás instalacións por Boiro xa que haberá tramos da estrada que conecta o municipio con Noia cortadas polo rally que se desenvolve na vila noiesa.

Ademais o Barbanza Golf vén de anunciar que entre o 12 e 14 de maio desenvolverase en Moimenta o Campionato de España de Pitch and Putt. As inscricións para participar nesta proba xa están abertas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.