Icono del sitio CanalBarbanza.com

O ATLETISMO VOLVE Á POBRA CUN NOVO CAMPIONATO PARA OS ATLETAS BASE

Cartel de YouTube
O mes de abril contará con novas probas deportivas na Pobra do Caramiñal, concretamente de atletismo. Trátase de carreiras nas que participarán atletas das categorías benxamín, alevín e cadete, nos seus apartados masculino e feminino.

Estas probas enmárcanse na modalidade en pista individual na zona Noia-Santiago e constan de catro xornadas de clasificación previas á fase provincial, dúas delas celebraranse no estadio municipal da Alta.

A Pobra acollerá a primeira este domingo día 16 mentres que a seguinte será o vindeiro día 29. nos dous casos as competicións comezarán ás 10.00 horas no estadio da Alta. Reunirán as probas de marcha, metros lisos, valados, lanzamento de peso, pelota, disco, xavelina, salto de lonxitude, de altura, a tesoira e carreira de remudas.

Este campionato está organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Atletismo (FGA) coa colaboración da Concellaría dos Deportes e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza.

Salir de la versión móvil