O pleno extraordinario celebrado en Ribeira tratou a renuncia de Manuel González Lijó ao seu escaño e o sorteo das mesas electorais

O salón de plenos do Concello de Ribeira acolleu hoxe a celebración dun pleno extraordinario. No primeiro punto do mesmo deuse conta da renuncia de Manuel González Lijó, integrado dentro do grupo municipal IPdeR. Desta dimisión teñen que dar conta á Xunta Electoral Central para que proceda a reemplazar a González Lijó. Segundo indicou a voceira de IPdeR, Rosa García Pose, o seu escaño será ocupado por Juan Reiriz.

O segundo punto consistiu no sorteo das mesas electorais, proceso que se realiza a través do programa CONOCE do Instituto Nacional de Estatística (INE). Unha vez realizado o sorteo, as listas das mesas asignadas polo secretario xeral depositaránse nas oficinas da secretaría xeral para poñelas a disposición de tódolos concelleiros e concelleiras. Posteriormente, envíase á Xunta Electoral de Zona de Noia.

Esta é unha das primeiras actuacións que se levarán a cabo de cara ás eleccións autonómicas que se celebrarán o 25 de setembro.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.