Unha veciña de Boiro foi socorrida polos bañistas na praia da Ribeira Grande

Unha veciña de Boiro tivo que ser socorrida polos bañistas na praia de “Ribeira Grande”, en Cabo de Cruz. O suceso ocorría as 18:00 horas desta tarde, a señora de 70 anos, que é veciña de Cabo de Cruz e responde ás iniciais C.D. Sufriu un contratempo na auga, posiblemente unha caída, e tragou moita auga, polo que precisou asistencia. Neste areal non hai socorristas así que foron os propios bañistas os que a sacaron da auga ó percatarse de que estaba en apuros.

Dende o 112 Galicia solicitouse a colaboración dos axentes da Policía Local e de Protección Civil de Boiro.
Ata a zona tamén se enviou un helicóptero medicalizado para trasladar a muller ó hospital pero finalmente non foi preciso porque o seu estado non revestía gravidade, sendo trasladada nunha ambulancia.

https://www.youtube.com/watch?v=MsxeX9CE2Zk

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.