O CR Ares certificou o sábado no porto de Burela a súa gran tempada, gañando a LGT A 2016, e celebrou a súa vitoria levándose a IV Bandeira A Mariña na xornada do domingo. No playoff de ascenso, o CR A Cabana Ferrol remontou tras unha mala regata o sábado para acabar logrando o ascenso.
Na última proba puntuable da LGT Feminina, na que o vencedor xa estaba máis que decidido, posto que o CN Boiro está un nivel por enriba de A Cabana Ferrol e do CR Chapela, xa que disputa a Liga Euskotren. A vitoria foi para as rapazas do Cabo da Cruz.
https://www.youtube.com/watch?v=FUoWLOh_RSA