Muros

Siradella vencedor absoluto do II Trofeo Pitusa Sabín de Cruceiros ORC en Portosín

Cun lixeiro aprazamiento comenzou o sábado en Portosín o II Trofeo Pitusa Sabín, regata declarada de alto nivel na comunidade galega ó ser, por concesión da Real Federación Española de Vela, Copa de España para Cruceiros ORC – Zona Galicia.
No primeiro día de competición, patróns e tripulacións puxeron a proba a súa resistencia, ó ser un trazado costeiro largo de 35 millas náuticas (unos 65 Km.), unindo a Ría de Muros eNoia coa ensenada de Finisterre, cun vento de entre 7 e 8 nos. O Siradella, de Francisco Gude, do Real Club Náutico Portosín, foi o gran protagonista, ó levarse o Trofeo promovido por Dominga Sabín e Jacinto Hernández. Segundo clasificado foi o Arroutado, de José Manuel Perez, e Terceiro no podio o Entropía , de Jorge Arán.
Respecto a Copa de España, o Arroutado, de José Manuel Pérez; o Ray Grass III, de Núñez; e o Arroas, de José Manuel Pombar, da Escola de Vela Mar de Arousa, foron os merecidos campións nas respectivas Divisións .

https://www.youtube.com/watch?v=x-47OunMn6o

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.