A garda civil busca na Pobra a unha moza de 18 anos de idade que non voltou a casa tras sair coas amigas o domingo a noite. A moza, Diana María Quer López-Pinel, que está a pasar as vacacións do verán na zona do Xobre coa familia, saira coas amigas arredor das 22:30 da noite na Pobra, ó parecer arredor das doce da noite decidiu marchar para a casa e nada mais se soubo dela. A súa pista pérdese no paseo de O Areal, onde foi vista por unha coñecida. Esta mañá a familia presentaba unha denuncia no cuartel da Garda Civil. A moza mide 1,75 metros de estatura, pesa 55 kilos, e morena co pelo longo, no momento da desaparición vestía un pantalón curto de cor rosa e unha camiseta blanca, calza zapatillas negras. Se alguén ten unha posible pista sobre o seu paradoiro pode chamar ó teléfono 062 da Garda Civil ou ó cuartel da Garda civil de Boiro 981 84 99 80.
https://www.youtube.com/watch?v=1IW7jUbLkwA