O Lume continúa activo en Porto do son arrasando todo ó seu paso e achegándose perigosamente a Oleiros, onde esta tarde desaloxaron o camping Ría de Arosa 2

Un inferno, esta é a situación que viven os veciños e veciñas de Porto do son co lume ás portas das súas casas, os lugares máis prexudicados son Baroña, Xuño, e Caamaño, onde o lume avanzou imparable dende a tarde de onte.
Segue decretada a “Situación 2” neste incendio pola proximidade do lume a núcleos habitados, porén cabe mencionar que a zona afectada na parroquia de Baroña xa está controlada desde as 14:49 horas deste mediodía. Este lume afecta a unha superficie provisional que supera as 880 hectáreas. No lugar traballan 2 técnicos, 13 axentes, 29 brigadas, 19 motobombas, 2 pas bulldozer, 9 helicópteros e 2 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias, protección civil de varias localidades e sobre todo, os veciños, cuxo comportamento exemplar esta a salvar moitas vivendas.
A situación é moi compricada, todas as persoas que traballan na extinción deste voraz incendio traballan arreo dende a pasada noite, sen ir á cama, e coa perigosidade do lume ó que se enfrentan. O forte vento dificulta moito as tarefas de extinción, o lume propágase con facilidade, as faíscas que saen voando prenden novos lumes alá onde se pousan, o que bven sumarse a cada nofo foco que se prende de maneira intencionada. Porque poucas dúbidas quedan de que estes incendios se iniciaron de maneira intencionada ó atopar varios artefactos incendioarios nos montes.
O lume levou por diante un hórreo no lugar de Pocedo, no lugar da Coviña a casa de Marta Sopeña foi das máis afectadas, o lume chegoulle a facer a un dos laterais da vivenda, queimoulle portas e fiestras, a parede da casa, onde mesmo saltou o recebo, rebentoulle os cristais e afectou a parte da finca, malia a axuda dos veciños e os seus propios esforzos, á madrugada tiveron que desaloxar a vivenda porque o lume era incontrolable.
A forza do vento reaviva os rescoldos e o lume volve a prender , así o puidemos comprobar mentres estábamos nesta vivenda, cando o lume se reiniciou preto do poste da luz.
Similar foi a situación de Belén Costa, que malia residir en Vigo, ten unha casa no lugar da Coviña, neste caso o lume non chegou a a fectar á vivenda pero estivo ben preto.
Os veciños miran desesperados ó lume avanzando monte abaixo sen freo, temerosos de que leve os esforzos de toda unha vida, a situación é dramática, con bágoas nos ollos lamentan o que está a acontecer.
Esta mañá achegábase ata Porto do Son o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que trasladou o respecto e a admiración que o pobo galego sente polo traballo que están a desenvolver os profesionais dos equipos de extinción na loita contra os lumes.

https://www.youtube.com/watch?v=rz9Vx_oiU9o

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.