O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, criticou hoxe a política en materia pesqueira desenvolvida polo PP nos últimos oito anos, “que provocou unha perda do 20% do emprego no sector”. Así o afirmou nunha reunión mantida esta mañá en Portosín con representantes do sector do mar , o candidato á presidencia da Xunta escoitou as demandas do sector explicou as liñas de acción política nas que traballarán os socialistas para permitir que o sector saia adiante”. Leiceaga destacou a necesidade dun cambio no criterio de reparto de cotas pesqueiras para que a xente do mar poida vivir dignamente.
Houbo unha falta de atención ao saneamento das rías, é necesaria unha rexeneración integral, afirmou o candidato socialista aos medios de comunicación.
https://www.youtube.com/watch?v=DhQ0NXFYpSI