A xunta inicia hoxe a construción dun novo tramo de beirarrúa e renovación da existente na ac-550 (oleiros-riveira), ao seu paso polo concello de ribeira

A Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), iniciou hoxe a construción dun novo tramo de beirarrúa e renovación da existente na AC-550 (Oleiros-Riveira), ao seu paso polo Concello de Ribeira. Esta actuación fora adxudicada á empresa Construcciones Oñial S.L. e ten un prazo de execución de dous meses.

O propósito desta actuación e actuar na marxe esquerda da AC-550, no núcleo de Oleiros. A obra consistirá na execución de 155 metros de beirarrúa entre os puntos quilométricos 101+785, concretamente no límite entre os concellos de Ribeira e Porto do Son; e no 101+940, punto no que conectará coa xa existente no núcleo.

A obra complétase neste tramo coa instalación dunha rede de saneamento e a pavimentación mediante MBQ da beiravía resultante tras a execución da beirarrúa

Ademais, renovaranse 222 m da beirarrúa existente no entorno da ponte sobre o rego Sanchanás (PK 102+540 a 102+760, aprox.), que se atopa deteriorada.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.