Un importante achádego dunha ara romana no xecemento arqueolóxico de Río Barbanza confirma a actividade Romana gandeira e agrícola no lugar

O xacemento emprázase a 490 m de altitude en plena serra do Barbanza, declarada días atrás polo goberno autonómico como área de especial interese paisaxístico (AEIP). O Alcalde do Concello de Boiro, Juan José Dieste Ortiguiera, e a concelleira de cultura e patrimonio, Helena Teixeira Barcala, visitaron hoxe os traballos que se están a desenvolver neste xacemento.

Estes traballos promovidos polo Concello de Boiro desenvólvense no marco do curso de arqueoloxía práctica do Barbanza edición 2016, que se distribúe en dúas quendas. Nesta primeira quenda, os traballos céntranse nun xacemento arqueolóxico descuberto en 2012 nas ribeiras do río Barbanza.

Nos traballos participan un equipo de 19 personas, entre arqueólog@, investigadores, restaudores e alumn@s procedentes da Universidad Autónoma de Madrid, Universidad de Barcelona, Universidade de Santiago de Compostela,
Os traballos arqueolóxicos rematan este xoves, e o venres procedaranse a tapar os restos para garantir a súa conservación ata que se realicen nos próximos meses os traballos de musealización dos restos.

https://www.youtube.com/watch?v=TheV9U7sHSM

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.