Os equipos que están a disputar a Primeira Galega viviron unha xornada 28 moi goleadora. O maior exemplo foi o Cidade de Ribeira, que marcou 10 tantos para vencer con contundencia ao Calo. O Puebla fíxose cunha gran vitoria ante o Baio na Alta, mentres que a Esteirana foi superada polo Lalín.