O grupo socialista boirense lamenta que no último pleno da semana pasada o Partido Popular e IC Boiro votaran en contra do pago de facturas pendentes a provedores. O goberno local presentou unha proposta para un pago de 2 millóns de euros, que finalmente foi bloqueada.