O vindeiro 28 de maio as urnas estarán abertas para elixir de novo aos Gobernos locais dos concellos. A pouco máis de mes e medio da cita electoral, o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, fai un balance positivo do traballo desenvolvido nestes 4 anos ao fronte do Concello ribeirense. Lexislatura na que se desenvolveron numerosos proxectos en todos os eidos á vez que se fixo fronte á pandemia e a crise económica que aínda deixa a súa pegada.